Languages

Inicio
Cultura Xunta
Actividades educativas

Visitas dinamizadas á exposición: Les gens du chemin, peregrinación a Saintes Maries de la Mer. Fotografías de Olga Seoane Paulus

De maio a outubro de 2013

Un ameno percorrido pola mostra que propiciará o achegamento á historia, crenzas, idioma, msica e valores dos xitanos coa que se potenciará a educación intercultural.

Dirixido a escolares de 2º e 3º ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato. A cargo dun educador de museos e unha monitora de etnia xitana, grazas a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano.

O MDPS, convídavos a participar cos vosos alumnos nas actividades educativas gratuítas arredor da mostra fotográfica Les gens du chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer, sobre a peregrinación xitana en terras francesas, unha oportunidade única para achegar aos escolares o coñecemento da historia e da cultura xitana que, tras séculos de marxinación e discriminación, mantén a súa esencia.

Vistas dinamizadas á exposición ata o 31 de outubro

Un ameno e dinámico percorrido pola mostra con pequenas actividades que achega a historia, crenzas, idioma, música, valores dos xitanos a través das imaxes da Peregrinación a Saintes Maries de la Mer; contribúe á ruptura de ideas preconcibidas e os estereotipos; e potencia a educación intercultural e en valores, tales como a diversidade, o respecto e a tolerancia, incorporando a cultura xitana na cultura galega como parte do seu mosaico cultural.

As visitas están conducidas por dous educadores, un deles xitano que fai unha transmisión directa dos valores e características da cultura á que pertence.

No arquivo adxunto tedes toda a información sobre a actividade. Desexamos que estas propostas sexan do voso interese e agardamos a vosa visita ao Museo.

Actividades educativas MDPS 2013