Languages

Inicio
Cultura Xunta

Alfredo debuxa o Camiño

10/07/2009 – 28/10/2009

Alfredo González

Exposición antolóxica do debuxante Alfredo González que recolle as súas ilustracións e reflexións desde o ano 1991 sobre a súa experiencia no Camiño de Santiago.

A colección conta con 96 debuxos que o artista realizou a partir da súa experiencia como peregrino iniciada fai 18 anos e armado cunha sinxela cadeira pregada, cun caderno, lapis e rotuladores. A antoloxía foi completada paulatinamente e as últimas ilustracións correspondentes ao Camiño Francés, desde Saint Jean Pied de Port ata a Catedral de Santiago foron realizadas no mesmo 2009. As ilustracións sobre papel están acompañadas polas reflexións persoais do autor e dos seus compañeiros, que as foron anotando durante a súa experiencia como camiñantes, o que constitúe unha aproximación fresca e orixinal ao Camiño de Santiago.

A antoloxía foi completada paulatinamente e as últimas ilustracións correspondentes ao Camiño Francés, desde Saint Jean Pied de Port ata a Catedral de Santiago foron realizadas no mesmo 2009. As ilustracións sobre papel están acompañadas polas reflexións persoais do autor e dos seus compañeiros, que as foron anotando durante a súa experiencia como camiñantes, o que constitúe unha aproximación fresca e orixinal ao Camiño de Santiago.