Languages

Inicio
Cultura Xunta
Concerto de música antiga

Presentación do Cd A Peregrina. Resonet

20 de decembro de 2012

19h00

Amosarase o traballo incluído no disco A Peregrina, cantos e romances nos camiños de Santiago cun pequeno concerto a cargo de Mercedes Hernández, soprano e Fernando Reyes, dirección.

No rico universo da peregrinación a Compostela a presenza feminina é maior do que poderíamos pensar. Así o amosan imaxes escultóricas, diarios de viaxe, rexistros de camiñantes, pinturas, gravados, e numerosos cantos e romances de tradición oral.

As músicas desta gravación son unha pequena viaxe polas músicas da peregrinación a Compostela, que atoparon nos camiños de Santiago a liña de unión de músicas vangardistas, músicas ancestrais, musicas virtuosas, musicas humildes e músicas ricas de distintas procedencias e en distintas linguas, centradas aquí na figura de romeiras, de peregrinas, condesas, raíñas e mulleres humildes, da Virxe peregrina, da muller namorada, da moza casadeira, da ánima da nai morta...

“A Pergrina” é unha nova proposta de Resonet que pretende contribuír ao desfrute e difusión dunha pequena parte dese patrimonio universal que pertence aos peregrinos e peregrinas que camiñan a Compostela, e a todos os que viven nos infinitos camiños de Santiago.

Cartel presentación A Peregrina

Invitación presentación A Peregrina