Xornada de portas abertas
16 de novembro de 2012
10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30
Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.
Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.
Este ano a UNESCO decidiu conmemorar por primeira vez o Día Internacional do Patrimonio Mundial, coincidindo co 40 aniversario da Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Natural y Cultural de París (1972). Partindo dunha iniciativa do Concello de Santiago, o museo súmase as actividades conmemorativas que se van levar a cabo na cidade con motivo desta celebración, organizando unha xornada de portas abertas. Visitas conducidas polos técnicos amosando as áreas internas do centro e explicando o traballo que nel se ven desenvolvendo.