Languages

Inicio
Cultura Xunta
Día Internacional dos Museos: Charla

¿Quen somos os Rroma?. Sebastián Porras Soto, Manuel Cortés Muñoz e Irene Jiménez Cortiñas

14 de maio de 2013

19h00

Sebastián Porras Soto, vicepresidente da Fundació Pere Closa, Manuel Cortés e Irene Jiménez Cortiñas, mediadora intercultural da Fundación Secretariado Gitano de Lugo, falarán sobre as características socioculturais xitanas e afondarán na realidade actual de integración desta comunidade.

Dirixida a público adulto en xeral

Con motivo da mostra de fotografías Les gens du chemin, sobre a peregrinación xitana na vila francesa de Saintes Maries de la Mer e da celebración do Día Internacional dos Museos, o MDPS, acollerá o martes 14 de maio a charla Quienes somos los Rroma? que ten como obxectivo achegarnos a realidade cultural e social do pobo xitano e contribuír á ruptura das ideas preconcibidas e os estereotipos.

Sebastián Porras Soto y Manuel Cortés Muñoz, falarán sobre a orixe xeográfica e histórica do pobo xitano, a situación da súa lingua, os seus símbolos, os fitos máis relevantes da súa presenza na Península Ibérica, os roles de xénero e idade así como da importancia da relixión. Irene Jiménez Cortiñas, centrará a súa intervención sobre a situación do pobo xitano en Galicia na actualidade e as súas perspectivas de futuro, así como sobre ferramentas de intervención e integración desta entidade con especial referencia á loita contra os prexuízos.

Rematarase coa narración oral dunha lenda tradicional xitana a cargo de Sebastián Porras acompañado pola música de guitarra en directo de Manuel Cortés.

Quen somos os Rroma