Languages

Inicio
Cultura Xunta
Día Internacional dos Museos: Sesións de contacontos

Colección de contos con María da Pontraga

Do 13 ao 22 de maio de 2014

Unha visita arredor de pezas clave do MDPS que xira arredor da idea do valor das coleccións museísticas e do poder dos obxectos que as integran para contar a súa historia e establecer nexos cos visitantes. A continuación unha coleccionista de contos moi especial: María da Pontraga fará unha sesión de contos que parten da tradición, do patrimonio oral e que establecen conexións coas pezas do Museo.

Dirixido a rapaces de Educación primaria (todos os niveis)

Queremos convidarvos a que celebredes con nós o Día Internacional do Museos, dedicado este ano aos vínculos que se crean arredor das súas coleccións. Ofrecémosvos esta actividade que estamos seguros vai ser do voso interese e agrado e nela abordaremos a relevancia que nas nosas vidas teñen as pezas exhibidas nas coleccións dos museos. Esta actividade terá como protagonista a María da Pontragha, unha das contadoras máis ligadas á tradición oral galega.

María da Pontragha é educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos.

Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Pobo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum, no Festival Atlántica, e tamén en centros de ensino, festas, locais sociais…

Se desexa o alumnado poderá vir acompañado dun obxecto da súa colección particular, amosala, e compartir cos demais as súas experiencias persoais como creadores e coidadores de coleccións.

Información actividades DIM 2014