Languages

Inicio
Cultura Xunta
Día Internacional dos Museos: Visitas dinamizadas

Exploradores de coleccións

Maio e xuño de 2014

Ataviados con lupas, unha especial maleta e outros elementos para recoller os seus achados, os rapaces converteranse en exploradores do MDPS e da súa colección.

Dirixido a rapaces de Educación primaria (todos os niveis).

Dentro do programa de actividades educativas para conmemorar o Día Internacional dos Museos ofrecese esta actividade na que os rapaces vanse converter en exploradores das coleccións do MDPS.

Distintas propostas os convidarán a observar, a documentar, a dialogar e contrastar opinións; a empregar todos os sentidos e a deixarse levar pola imaxinación para atopar algún que outro tesouro e mesmo coñecer ao Mestre Mateo en persoa!.

Se desexa o alumnado poderá vir acompañado dun obxecto da súa colección particular, amosala, e compartir cos demais as súas experiencias persoais como creadores e coidadores de coleccións.

Información actividades DIM 2014