Entre coleccións. Cruzando miradas
Do 12 ao 26 de maio de 2014
Co gallo desta celebración propoñemos percorrer diferentes museos da cidade na procura de pezas que, por uns días, cambian de lugar. Así, o Museo do Pobo Galego, o CGAC, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, A Fundación Eugenio Granell, o MUPEGA e o Museo da Catedral, agochan nas súas salas obras que proveñen doutras coleccións.
As coleccións que albergan as institucións museísticas crean múltiples vencellos sobre os que este ano reflexiona o Día Internacional dos Museos. Son estes vencellos os que fan dos museos espazos vivos nos que se producen relacións entre xeracións, entre culturas e mesmo entre expresións artísticas.
As lecturas, relecturas e interpretacións sobre estes obxectos permiten que cadaquén se apropie deles como queira, acto de desfrute este que dá sentido á existencia dos museos. Esta mirada entrecruzada, este cambio de contexto, permiten amosar outras interconexións que poñen en valor o patrimonio. Propoñémosche atopar esas pezas que cambiaron de lugar por uns días e crear para elas novos significados.