Languages

Inicio
Cultura Xunta
Día Internacional dos Museos: Sesión de contacontos con música

Contos Rromané. Sebastián Porras Soto e Manuel Cortés Muñoz

14, 15 e 16 de maio de 2013

Contos Rromané ofrécenos a oportunidade de coñecer aspectos da cultura xitana e afondar no concepto de igualdade e diferenza empregando a narración de contos e a música de guitarra flamenca en directo.

Dirixido a rapaces de 2º e 3º ciclo de Primaria.

Cada ano no mes de maio, a fermosa e apacible vila de Saintes Maries de la Mer en Francia énchese de cor, de música e de fervor relixioso. Comeza a festa das Santas Marias, María Salomé e María Jacobé, e, especialmente Santa Sara, Sara a Kalí, patroa dos xitanos. Miles de xitanos chegados de toda Europa e mesmo de outros continentes, instálanse nos campamentos establecidos para a ocasión e mestúranse coa poboación local e os curiosos turistas, desexosos de comprender a diversidade e aprender algo novo. É un tempo de alegría, de encontro con familiares e amigos aos que non se viu en moitos meses, e tamén o momento de adoración a súa Santa.

As fotografías de Olga Seoane que leva anos acudindo á celebración, transmiten a intensidade das emoción vividas por todos os que peregrinan a Saintes Maries de la Mer, e son unha unha oportunidade única para achegar ao público o coñecemento da historia e da cultura xitana que, tras séculos de marxinación e discriminación, mantén a súa esencia.

Con motivo desta mostra, o MDPS ofrece á comunidade educativa esta actividade gratuíta: Unha participativa sesión de contos rodeados das fotografías da exposición que ten como obxectivo dar a coñecer aspectos da cultura xitana e afondar no concepto de igualdade e diferenza empregando a narración de contos e a música de guitarra flamenca en directo.

Información Actividades educativas MDPS