Languages

Inicio
Cultura Xunta
Día Internacional dos Museos

Xornada de portas abertas

16 de maio de 2013

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 co fin de sensibilizar ao gran público con respecto ao rol dos museos no desenvolvemento da sociedade.

De América a Oceanía, pasando por Europa, Asia e África, o Día Internacional dos Museos é un momento único para a comunidade museística. Ese día, os museos participantes poñen de relevo unha problemática que concierne ao conxunto das institucións culturais. O Día Internacional dos Museos representa tamén unha formidable ocasión para os profesionais dos museos de coñecer o seu público. Os museos son institucións que están no seo da sociedade, ao servizo do seu desenvolvemento.

Tradicionalmente, o Día Internacional dos Museos celébrase ao redor do 18 de maio. Pode durar un día, un fin de semana ou unha semana, o obxectivo é reunirse no museo ao redor do lema: O museo, medio importante para o intercambio cultural, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e paz entre os pobos. O DIM federa cada vez máis museos a través do mundo. En 2012, participaron no evento 32 000 museos en 129 países, en cinco continentes.

Manifesto Museos Galicia DIM 2013

Portas abertas. Información en idiomas 2013