Languages

Inicio
Cultura Xunta

Na chegada

Emocións e rostros peregrinos

15/02/2011 – 05/06/2011

Jacobo Remuñán

Exposición de fotografías a través das cales se reflicten distintos momentos, expresións, "rituais" prácticos do camiñante, transportes, diversidade étnica e cultural que ofrecen os peregrinos que chegan por fin a Santiago de Compostela. Esta selección de retratos mostra con evidente forza emocional, sentimentos, emocións e accións que son comúns á inmensa maioría dos que, despois de percorre-lo Camiño de Santiago, chegan non só a unha cidade emblemática e ansiada senón a un punto concreto, a Praza do Obradoiro, que representa a verdadeira chegada, o primeiro encontro auténtico coa cidade e a meta tan longamente cobizada.

O autor destas fotografías é Jacobo Remuñán, fotógrafo profesional, nacido na mesma cidade de Santiago en 1960. O mesmo, que fotografaba peregrinos na praza do Obradoiro decatouse un día da cantidade de sentimentos e emocións das que era continuamente testemuña e decidiu "retrata-la alma humana" nese momento culminante de alcanza-la fin dunha peregrinación. Por esta razón estas fotografías transcenden a pura visualidade e plasticidade do xénero retratístico converténdose nun camiño cara ó interior do ser humano nun momento en que converxen sentimentos coma a emoción, a fascinación e a devoción.