Languages

Inicio
Cultura Xunta

Paso a paso

24/07/2012 – 30/12/2012

Esta exposición concíbese como testemuña do Museo das Peregriancións e de Santiago na inauguración da futura nova sede do museo, no edificio do antigo Banco de España na praza de praterías e que foi concibido como a ampliación do MDPS.

A exposición é a linguaxe propia do museo. Paso a paso sintetiza a esencia e a transcendencia da actividade do MDPS, a esencia da súa mensaxe e a transcendencia dos seus logros. É tamén unha declaración de intencións: paso a paso, seguir facendo un bo camiño.

Xunto con pezas dos fondos do museo móstrase a obra do artista Gabriel Díaz: tres camiños, once pasos I, II. Camiñar once pasos e facer unha foto. Camiñar outros once, e facer outra foto. Once pasos máis, e unha foto…, durante máis de 5.000 km de camiño.

Gabriel Díaz percorreu a pé, ao longo de seis anos, as principais rutas xacobeas de toda Europa para crear a súa obra videográfica: que durante os anos 2010 e 2011 foi exposta en edificios moi significativos dos diferentes Camiños, tanto en España coma en Europa establecendo un diálogo entre o patrimonio arquitectónico vinculado ao Camiño de Santiago e a creación artística contemporánea. Este proxecto expositivo, innovador e de implicación transnacional, “Os Camiños de Santiago no Camiño de Santiago” foi posible grazas á colaboración entre a Fundación Arg Art e o Museo Das Peregrinacións e de Santiago.