Languages

Inicio
Cultura Xunta
30/10/2014

Pescuda no traballo interno do MDPS

Hai ocasións nas que un restaurador se ve na obriga, durante a intervención dunha peza, de utilizar técnicas que enganen ao ollo humano. O obxectivo é que o espectador se fixe só no resultado, e non no proceso de restauración. Se queres coñecer algunha destas “trampas” visuais, acompáñanos:

 

TONDO COA IMAXE DE SANTIAGO SEDENTE

INVENTARIO: D-1384

TÉCNICAS DE REINTEGRACIÓN CROMÁTICA

Toda intervención debe guiarse por un principio: o resultado final debe garantir a unificación estética da peza á vez que se deben diferenciar os lugares onde esta foi intervida. Unificación e diferenciación integradas na propia obra; complexo, eh?

Para que os espectadores podamos exclamar o marabillosa que é unha peza e, só posteriormente, descubrir co noso ollo analítico os restos dunha intervención, aplícanse unha serie de técnicas de integración cromática.

Por exemplo, nesta imaxe de Cristo Sedente, debido ás roturas e perdas que afectaron ao soporte, realizouse unha reintegración volumétrica con estuco. Mais se o estuco ficara visible, corríase o risco de que o espectador detivera a súa vista nas partes engadidas e non no conxunto. Polo tanto, realizouse unha reintegración cromática para facer as lagoas menos evidentes (uniformizar), á vez que se sinalaban os lugares reintegrados (diferenciar). Que como se logrou? Mediante o uso de dúas técnicas:

  • Rigattino: unha parte da cara de Santiago está rematada por liñas verticais sobre un fondo branco que xera un efecto óptico; dende a distancia é irrecoñecíble.
  • Puntillismo: nos dourados descubrimos esta técnica que, como o nome indica, cubre a superficie mediante puntos.