Languages

Inicio
Cultura Xunta

Preguntas valentes

A ciencia, a gran peregrina

30/04/2009 – 21/06/2009

Colectiva (Comisariado, Goio Iturregui)

Exposición colectiva internacional. Sorprendentes imaxes das últimas investigacións acerca da biofísica da auga e a súa relación.

Ante nós o fascinante mundo da auga. As investigacións que lle presentamos son unha mesma peregrinación detrás das forzas da vida, xa sexa como ciencia ou como a manifestación dela en forma de arte na delicada harmonía da natureza.

Durante anos, científicos e pensadores de todo o mundo, preguntáronse se Descartes foi a liña máis curta ate chegar ao campo unificado. Están a quedar atrás moitos anos de utilización perversa de fondos multimillonarios  na investigación interesada de novos armamentos. Hoxe a ciencia quere, necesita, volver estar ao servizo da humanidade.

Esta exposición é un acto de recoñecemento aos investigadores conscientes de que foron e son capaces de se faceren preguntas audaces.

Os investigadores que participaron foron:

Minnie Hein: “A esencia detrás da aparencia”, e “A auga como espello da orde e da desorde”

Ruth Kübler: “O fenómeno na gota consciente”

Inge Just-Nastansky: “A linguaxe silenciosa da vida. Transformacións na auga”

Alexander Lauterwasser: “Auga. Son. Imaxes. Vibración e creación”

Wolfram Schwenk: “O caos sensible. A linguaxe escondida da corrente”

Wilhelm Höfer: “Medir a conciencia da vitalidade”

Masaru Emoto: “A auga contén memoria. As mensaxes da auga”