Programa Monumenta. Mesa redonda
A restauración do patrimonio da Catedral de Santiago de Compostela
13 de xuño de 2014
19h00
Diálogo con profesionais da restauración arredor das intervencións na catedral de Santiago
Na catedral de Santiago recentemente se interveu na torre do Reloxo, tamén chamada torre da Berenguela. O corpo principal con base románica foi construído no século XVI polo arcebispo que lle deu nome á torre, don Berenguel de Landoira. En 1680 Domingo de Andrade remataría a parte superior elevándoa dúas plantas máis. En 1833 colocouse o recentemente restaurado reloxo de catro esferas (unha por cada cara da torre) obra do ferrolán Andrés Antelo.