Languages

Inicio
Cultura Xunta

Sri Pada

Pasos de peregrino, pegada de deuses

05/10/2007 – 27/01/2008

Jessica Agulló

A peregrinación a Sri Pada foi moi pouco fotografada por varias razóns: o camiño é moi dificultoso, non soamente por culpa da subida, senón tamén polos bruscos cambios de temperatura que se suceden, dende unha calor insoportable ata un frío extremo. Por outra banda na zona onde se sitúa o templo mesmo, os monxes nunca permiten a realización de fotografías pero, nesta exposición, móstranse algunhas imaxes realizadas con película moi rápida en branco e negro.

Sri Pada é un monte de 3.000 m de altitude que presenta a forma dun cono perfecto onde, segundo as lendas, se atopa unha pegada do pé de Buda que está protexida por un templo.

O aspecto máis importante da peregrinación a Sri Pada é que se trata dun acto multirrelixioso ao que acoden millóns de peregrinos das tres relixións predominantes en Sri Lanka, budistas, musulmáns e hinduístas; por tal razón a pegada atribúese non só a Buda senón, segundo que relixión, a Adán ou a Shaman.

Mais os peregrinos conviven harmoniosamente na súa peregrinación que discorre ao longo dunhas catro a oito horas e que se realiza preferentemente nas noites de lúa chea, polo que, en xeral, a iluminación realízase con elementos similares a fachos. 

O final do camiño hase de completar ao amencer, momento no que ten lugar unha cerimonia de saúdo ao sol consistente nun canto xeral e unísono.