
Sri Pada: pasos de peregrino, pegada de deuses
2007Fotografías, Jessica Agulló
Xunta de Galicia, 2007
157 páxinas, fotografías branco e negro
Fotografías da peregrinación a Sri Pada, ou Pico de Adán, na illa de Ceilán (Sri Lanka), lugar sagrado onde conflúen peregrinos musulmáns con budistas, hinduístas e cristiáns. Este pico encóntrase nunha paraxe de extraordinaria beleza, o Maia Rata, coñecido así polos locais e que significa "Terra de ilusión". O ascenso ao cume, que finaliza nun longo tramo de catorce quilómetros de escaleiras, adoita realizarse antes do amañecer. O peregrino é testemuña da saída do sol mentres realiza os seus ritos relixiosos. O seu camiño de purificación remata nunha unión sagrada co sol nacente.
Jessica Agulló reflicte a súa estanza en Sri Lanka nun traballo fotográfico froito dunha profunda reflexión sobre a experiencia peregrinatoria a este pico. As súas fotografías, en branco e negro, móstrannos paraxes nocturnos iluminados por tenues luces, escenas de culto en templos e en plena natureza e imaxes de figuras e rostros humanos que comunican ao espectador a súa intensa e singular experiencia.
Inclúe textos de Esperanza Gigirey Liste, Manik Sandrasagra e Jessica Agulló.