Languages

Inicio
Cultura Xunta

The embed and the shadow of the horse

Incluída no programa: A CIDADE INTERPRETADA II

01/10/2010 – 28/11/2010

Lonnie van Brummelen e Siebren de Hann

Esta proposta intégrase dentro do proxecto de arte público que comisaría na cidade de Santiago de Compostela Pablo Fanego.

Baseándose na serie de tapices que forman a colección “La Conquista de Túnez”, do Palacio Real de Madrid, obra de Cornelisz Vermeyen (1500-1559), os artistas Lonnie van Brummelen e Siebren de Haan pretenden afondar en cuestións relacionadas coa historicidade dos formas e os procesos ideolóxicos de transmutación cultural. Utilizando os tapices como un documento histórico realizan unha videoproxección que presenta unha reflexión sobre como se interrelacionan política, xeografía, economía etc.

O conxunto de propostas dos nove artistas convidados a esta nova edición do proxecto A cidade interpretada pretende ofrecer unha serie de achegamentos inéditos á cidade de Santiago de Compostela e crear situacións que permitan sobrepoñer un mapa intersubxectivo á codificación ordinaria desta. No marco máis concreto que supón a actual celebración do Ano Santo, o proxecto formulouse así mesmo como unha oportunidade de aproximación crítica e transversal a algúns dos tópicos que definen a cidade histórica, así como ás distintas dinámicas que operan sobre a súa imaxe, cando os valores seculares asociados ás tradicións e o capital cultural das cidades se converteu sen dúbida nun recurso político e económico de primeira orde. Neste sentido, e fronte aos públicos masivos que a miúdo arrastra a maquinaria da industria cultural, A cidade interpretada é un proxecto voluntariamente discreto e descentralizado, que lle propón ao espectador outros percorridos orientados a establecer conexións entre a historia e a nosa realidade máis inmediata.