Languages

Inicio
Cultura Xunta

Un museo en Crecemento

Adquisicións, 1996-2001

17/12/2001 – 05/05/2002

A exposición amosa un conxunto seleccionado dos fondos que foron ingresando nas coleccións do museo dende o ano 1996 ate o ano 2001.

Os obxectivos principais da mostra son os seguintes:

  • Mostrar os novos bens culturais adquiridos polo Museo das Peregrinacións para enriquecer o seu discurso museográfico sobre o Camiño de Santiago e o tema xacobeo en xeral.
  • Potenciar algunhas formas de ingreso, como as doazóns e os depósitos de particulares froito da colaboración e o interese mutuo entre as institucións públicas e a iniciativa privada por preservar e dar a coñecer públicamente o patrimonio cultural de Galicia. Precisamente aproveitarase esta exposición para mostrar unha das coleccións máis senlleiras de escultura xacobea en Galicia, como é a da familia Varela-Villamor, cedida en depósito ó Museo das Peregrinacións durante o ano 2000.
  • Mostrar unha selección dos materiais arqueolóxicos que aparecen na cidade de Santiago froito da regulación lexislativa do control das obras na cidade e na súa comarca.
  • A adquisición de fondos que ten como fin último a profundización do coñecemento público sobre a disciplina científica do museo. O acrecentamento do seu patrimonio cultual implica o desenvolvemento doutras moitas actividades (documentación, conservación, investigación, difusión) que fan que o museo non sexa unha institución estática senón moi dinámica, proceso que queremos reflectir así mesmo nesta mostra.