O MDPS permite o acceso ás súas coleccións museográficas, documentais e bibliográficas aos investigadores que así o soliciten. Aquelas persoas que desexen realizar un traballo de investigación sobre algunha obra integrante do museo, un conxunto delas ou algún aspecto relativo ao Camiño ou a cidade de Santiago, poden poñerse en contacto coa Dirección do Museo a través de correo postal ou electrónico, indicando no asunto “Consulta de fondos”.
direccion.mdperegrinacions@xunta.es
CONDICIÓNS BÁSICAS:
- O MDPS resérvase o dereito de conceder calquera autorización de consulta dos seus fondos. Polo tanto queda prohibida toda consulta que previamente non fose autorizada.
- A manipulación dos fondos, se a houbese, será baixo as condicións e supervisión dun responsable da área de conservación.
- Todo permiso de publicación esixe que se cite a súa procedencia: Museo das Peregrinacións e de Santiago.
- O solicitante comprométese a depositar no Museo polo menos un exemplar da súa publicación, se a houbese, que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca e a coñecer e aceptar estas normas, sendo responsable de todo mal uso que poida facerse da documentación ou pezas consultadas.