Languages

Inicio
Cultura Xunta

Biblioteca cabecera

A biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago é unha biblioteca auxiliar ao servizo do persoal do museo, investigadores e público en xeral.
Está especializada no fenómeno das peregrinacións, Camiño de Santiago, temática xacobea e cidade de Santiago de Compostela. Ademais, posúe fondos variados acerca de historia, arte, crenzas, relixións, museoloxía e arqueoloxía. Dispón dun fondo de monografías de máis de 11000 volumes, e unha interesante colección duns 400 títulos de publicacións periódicas, catálogos de poxas, folletos e materiais especiais.

Está situada na nosa sede da rúa de San Miguel, na terceira planta do edificio e dispón de oito mesas con catro postos de lectura e un ordenador cada unha. 

CATÁLOGO


Desde esta páxina pódese acceder ao catálogo automatizado dos fondos bibliográficos, actualmente en fase de formación, polo que para realizar as pescudas sobre a totalidade dos fondos, deberán consultarse ademais as bases de datos do centro.

Acceso ao catálogo

Unha vez acceda ao catálogo, na opción todas as bibliotecas, seleccionar: Santiago de Compostela - Biblioteca do Museo das Peregrinacións

Suxestion Biblioteca

Libro recomendado

Libro recomendado
VÁZQUEZ DE PARGA, Luis; José María LACARRA y Juan URÍA  RIU. Las peregrinaciones a Santiago de Compostela. 2ª reimp. [Ed. facs.]. Pamplona: Fondo de Publicaciones del Gobierno de Navarra, 1993. - See more at: http://museoperegrinacions.xunta.gal/es/biblioteca-mdps#sthash.oY32aJP9.dpuf
VÁZQUEZ DE PARGA, Luis; José María LACARRA y Juan URÍA  RIU. Las peregrinaciones a Santiago de Compostela. 2ª reimp. [Ed. facs.]. Pamplona: Fondo de Publicaciones del Gobierno de Navarra, 1993. - See more at: http://museoperegrinacions.xunta.gal/es/biblioteca-mdps#sthash.oY32aJP9.dpuf
VÁZQUEZ DE PARGA, Luis; José María LACARRA y Juan URÍA  RIU. Las peregrinaciones a Santiago de Compostela. 2ª reimp. [Ed. facs.]. Pamplona: Fondo de Publicaciones del Gobierno de Navarra, 1993. - See more at: http://museoperegrinacions.xunta.gal/es/biblioteca-mdps#sthash.oY32aJP9.dpufLópez Martínez-Morás, Santiago, Meléndez Cabo, Marina y Pérez Barcala, Gerardo (eds.) Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (siglos XI-XV). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2013. ISBN 978-84-15876-63-2. Signatura en biblioteca: CAM 904López Martínez-Morás, Santiago, Meléndez Cabo, Marina y Pérez Barcala, Gerardo (eds.) Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (siglos XI-XV). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2013. ISBN 978-84-15876-63-2. Signatura en biblioteca: CAM 904

López Martínez-Morás, Santiago, Meléndez Cabo, Marina y Pérez Barcala, Gerardo (eds.) Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (siglos XI-XV). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2013. ISBN 978-84-15876-63-2

Signatura en biblioteca: CAM 904

Índice e prólogo

 

 

Biblioteca pie

HORARIO


De luns a venres, de 9.00 a 14.30 h, excepto festivos.
Verán: De luns a venres, de 9.00 a 14.00 h, excepto festivos. 

CONDICIÓNS DE ACCESO


O acceso a biblioteca é libre e gratuíto. Poderán acceder á consulta en sala dos fondos bibliográficos os investigadores ou público en xeral interesados na súa temática, previa acreditación da súa identidade (presentación de DNI ou equivalente) e formalización dun breve impreso, no que se especificará a consulta ou investigación a realizar.

SERVIZOS


Consulta en sala: os fondos poderanse consultar na sala da biblioteca como máximo de catro en catro. Se se trata do fondo antigo, será de un en un. Están ubicados en estanterías pechadas, polo que hai que solicitalos ao persoal bibliotecario. No hai préstamo a domicilio.
Reprodución de documentos: os usuarios poderán obter reproducións dos fondos mediante fotocopia, dixitalización, ou fotografía con cámaras propias, sempre dentro dos límites da adecuada conservación e dos que marque a lexislación de propiedade intelectual, e previa petición ao persoal da biblioteca.
Información bibliográfica: a biblioteca responde as consultas dos usuarios tanto de forma presencial, como por correo postal ou electrónico (biblioteca.mdperegrinacions@xunta.es). Proporciona información sobre cuestións relativas ao seu propio funcionamento, consultas bibliográficas, ou sobre outros recursos (outras bibliotecas, centros de documentación, arquivos...) aos que dirixirse nas súas pescudas de información.
Préstamo interbibliotecario: a través deste servizo, pódense proporcionar ao usuario publicacións doutros centros que a biblioteca non posúe. Tamén esta pode prestar os seus fondos a outras bibliotecas. Exclúense os libros antigos ou os que teñen problemas de conservación.
Acceso a Internet: pódese acceder a Internet desde todos os ordenadores da sala. Estes só se utilizarán para a consulta e busca de información de páxinas relacionadas coa temática de especialización da biblioteca, xa que este servizo concíbese como un recurso de apoio á investigación ou consulta a realizar.