Languages

Inicio
Cultura Xunta

A conservación das coleccións ten como fin último garantir a transmisión do patrimonio, por nós herdado, ás xeracións futuras. A función por excelencia dos museos é, sen dúbida, velar polo benestar dos bens custodiados no centro. Para cumprir este obxectivo a área de conservación e restauración é a responsable do control físico dos fondos, tanto no que se refire á prevención como á restauración. Unha boa conservación preventiva evita actuacións de restauración, aínda así é inevitable realizar algunha intervención.

A súas tarefas principais son


  • Determinar e controlar as condicións medioambientais para a conservación preventiva das coleccións. Ocupándose entre outros aspectos do control ambiental, da prevención de pragas, da adecuación das instalacións ou da manipulación dos fondos.
  • Realizar análises e estudios de conservación individual e global dos fondos, incluídos os procedentes de novas adquisicións ou de préstamos.
  • Supervisar o mantemento dos instrumentos de descrición precisos para o control da conservación dos fondos.
  • Controlar as condicións de seguridade dos fondos.
  • Organizar e controlar as áreas de reserva.
  • Propoñer e supervisar os tratamentos de limpeza, conservación e restauración das pezas.
  • Planificar os programas anuais de conservación e restauración.