Languages

Inicio
Cultura Xunta

APERTURA MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO

O Museo das Peregrinacións e de Santiago abre de novo as súas portas ao público no seu horario habitual.
Unha vez garantidas as medidas de seguridade para os usuarios e usuarias e para o persoal do Museo, co fin de impedir a transmisión do virus Covid-19, reábrese de novo o acceso da cidadanía ao goce do patrimonio cultural exposto nas salas do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 

 

NORMAS ADICIONAIS COVID-19:

A partir do 20 de maio, o Museo das Peregrinacións e de Santiago abre de novo as súas portas ao público despois do período de corentena decretado tras o estado de alarma xerado pola propagación do Covid – 19. Malia isto, o Museo e o público visitante terán que aterse ás novas medidas de seguridade e hixiene.

  • O Museo das Peregrinacións e de Santiago só poderá acoller visitas até un terzo da súa capacidade e todas as actividades neste período serán dixitais.
  • Durante este período excepcional, o prezo de entrada ao Museo será gratuíto para todos os públicos.
  • Todas as persoas que accedan ás instalacións do Museo deberán cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias e deberán seguir os protocolos de desinfección nos puntos habilitados á entrada do edificio.
  • En todo o interior do edificio, débese manter a distancia mínima interpersoal de seguridade de 2 metros, respectando en todo momento os elementos de sinalización. O uso da máscara é obrigatorio naquelas zonas onde o espazo de circulación non permita asegurar os 2 metros de separación entre persoas.
  • As persoas usuarias deberán atender en todo momento as indicacións do  persoal de seguridade do Museo, que se encargará de vixiar o cumprimento das normas e de facilitar a circulación do público.
  • Os servizos de gardarroupa e consigna non estarán dispoñibles. Non se poderá acceder ao Museo con mochilas, bolsas, maletas e outros vultos de grandes dimensións. Só estará permitido o acceso con bolsos de man e mochilas que non superen os 40 x 40 cm.
  • Está prohibido tocar calquera elemento da museografía (obras, vitrinas, peañas, cartelas, etc.).
  • Non se distribuirá ningún tipo de material de consulta en soporte impreso. Todos os folletos informativos das exposicións e actividades do Museo están dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web do Museo das Peregrinacións e de Santiago (http://museoperegrinacions.xunta.gal ).
  • O acceso á biblioteca quedará restrinxido e a atención prestarase preferentemente de maneira telemática biblioteca.mdperegrinacions@xunta.gal
  • Máis información no correo electrónico información.mdperegrinacions@xunta.gal ou difusion.mdperegrinacions@xunta.gal e nos teléfonos 881 867 401 (sede expositiva praterías) e 881 867 315 (sede administrativa san Miguel). 
fecha_interna: 
venres, May 22, 2020