Languages

Inicio
Cultura Xunta

Camiño de Shikoku

21/07/2017-24/09/2017

A peregrinación no Camiño de Shikoku (Shikoku Henro) é unha viaxe por unha ruta espectacular, ao longo de mil catrocentos kilómetros trazados nas catro prefecturas de Shikoku: Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa. A ruta está asociada con 88 templos que contan dende a súa orixe con íntimos vínculos con Kobo Daishi, un sacerdote budista xaponés máis coñecido como Kukai.

Esta exposición promocional amosa o Camiño de Shikoku, a través dalgunha peza histórica e imaxes da peregrinación na actualidade.

Tradicionalmente crese que o Camiño de Shikoku foi na súa orixe unha forma de entrenamento espiritual para ascetas e monxes budistas que viaxaban ao longo de Shikoku, meditando e orando nos lugares sagrados vinculados á vida de Kobo Daishi.

A primeira guía do Camiño Shikoku foi publicada a finais do século XVII por un asceta de Osaka chamado Shinnen. Un libro que proba que a peregrinación por estas ruta tomou forma daquela, tal como hoxe a coñecemos.

Outros documentos presentes na exposición e que dan testemuña desta peregrinacións son:

Nokyo-cho do Período Edo (1603-1868), un documento que proba a visita piadosa do peregrino en cada un dos templos da ruta. Os selos vermellos indican o número do templo visitado. En sánscrito aparece o nome do devandito templo e a principal imaxe budista que se venera. A firma en tinta negra pertence a un sacerdote do santuario, que certifica o nome do templo e cal é a imaxe principal.

Osame-fuda (etiqueta) do Período Edo (1603-1868), un documento empregado polos peregrinos como proba de que visitaron  un determinado templo. Os peregrinos escriben nel o seu desexo, dirección, nome e data, e o gardan nunha caixa específica do santuario.

Organiza:
   Consello para a Inscripción do Camiño de Shikoku Henro como ben Patrimonio da Humanidade
   Prefectura de Tokushima, Prefectura de Kochi, Prefectura de Ehime, Prefectura de Kagawa

Co-organiza:
   ONG Peregrinación e Hospitalidade no Camiño de Shikoku

Colaboran:
   Asociación "Peregrinación dos 88 Templos do Camiño de Shikoku"
   Organización para a Promoción do Turismo en Shikoku
   Shikoku Henro Consello de Patrimonio Histórico de Xapón
   Xacobeo - Turismo de Galicia
   Museo das Peregrinacións e de Santiago

Co apoio da Embaixada de Xapón en España