Languages

Inicio
Cultura Xunta
DÍA DO MUSEO 2018

DÍA DO MUSEO 2018 - CELÉBRAO CON NÓS!
O 7 de novembro de 2018, a sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago na praza das Praterías cumpre 3 anos, e queremos celebralo o dun xeito especial cunha serie de actividades o venres 09 de novembro.

Venres 09 de novembro de 2018
9:30 ás 20:30 h / Entrada libre para todos os públicos
Xornada de portas abertas. Entrada gratuíta durante todo o día.

​11h – 12h – 13h / Entrada libre para todos os públicos
Visitas contadas por TEP Teatro en Punto

​18h30 / Entrada con inscrición previa para todos os públicos
Visita comentada polo arquitecto Angel Panero “Unha mirada á arquitectura do edificio”.
Durante a visita tamén poderemos escoitar o son dunha réplica do organistrum do Pórtico da Gloria.
Inscrición previa no 881 867 401 ou na recepción do Museo.

19h30 /  Entrada libre para todos os públicos
Concerto de música renacentista por Capela Compostelana.
Intérpretes:
Francisco Luengo: violas da gamba baixo e soprano.
Julieta Viñas: canto, viola da gamba baixo.
Xurxo Varela: violas da gamba baixo e tenor.

Celébrao con nós!