Languages

Inicio
Cultura Xunta
DÍA DO MUSEO: CONCERTO 1500

Inaugurada no 2015, a nova sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago situada na praza das Praterías cumpre 5 anos. Convidámoste a celebrar con nós este día tan especial participando nestas actividades.

Debido a actual situación sanitaria derivada da expansión da pandemia producida polo COVID – 19 é necesario formalizar unha inscrición no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.es. Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.

Sábado 7 de novembro de 2020 [19h00]
Concerto: grupo 1500.
O programa que ofrecerá o grupo percorre algúns dos principais puntos de peregrinación europeos dende finais da Idade Media ata os albores do século XVIII.

 

Normativa para a realización de actividades no MDPS 2020:

Reservas:

  • Aforo limitado a 30 persoas. É estritamente necesario realizar reserva previa en reservas.mdperegrinacions@xunta.es
  • As prazas asignaranse por estrito orde de chegada dos correos.
  • Cada persoa pode reservar un máximo de catro entradas por correo.
  • No momento da túa reserva debes proporcionar os datos de contacto como nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.
  • Só poderán acceder ás actividades as persoas con confirmación de reserva por parte do Museo.
  • A data límite para a reserva do concerto será o venres 6 de novembro ás 13h00

A celebración da actividade permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración desta.

O uso da máscara é obrigatorio en todo momento así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico antes de entrar ao recinto.

Podes consultar o protocolo de entrada ao Museo en https://vimeo.com/437810235

Moitas grazas polo voso interese e comprensión!

Normativa:

DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2

ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

[Última actualización xoves 5 de novembro de 2020]