Languages

Inicio
Cultura Xunta
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Celebramos o Día Internacional da Muller 2021 co concerto do grupo Feminino Plural, que terá lugar o sábado 6 de marzo ás 19h00 no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 

Conforme á normativa sanitaria vixente a capacidade do auditorio é reducida polo que é necesario formalizar unha inscrición no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal. Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.

Normativa para a realización de actividades no MDPS 2021:

Reservas:

  • Capacidade limitada a 30 persoas. É estritamente necesario realizar inscrición previa en reservas.mdperegrinacions@xunta.es
  • As prazas asignaranse por estrito orde de chegada dos correos.
  • No momento da túa reserva debes proporcionar os datos de contacto como nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.
  • Só poderán acceder ás actividades as persoas con confirmación de reserva por parte do Museo.
  • A data límite para a reserva do concerto será o venres 5 de marzo ás 13h00

A celebración da actividade permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración desta.

O uso da máscara é obrigatorio en todo momento así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico antes de entrar ao recinto.

Podes consultar o protocolo de entrada ao Museo en https://vimeo.com/437810235

Moitas grazas polo voso interese e comprensión!