DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL 2018
O venres 16 volvemos estar de celebración, nesta ocasión co Día Internacional do Patrimonio Mundial. Imos a aproveitar esta xornada para presentarvos, xa completamente restaurados, dous óleos sobre táboa que pasarán a formar parte da colección do Museo.
Día Internacional do Patrimonio Mundial
Venres 16 de novembro de 2018
9:30 ás 20:30 h / Entrada libre para todos os públicos
Xornada de portas abertas.
19:00 h / Entrada libre para todos os públicos
O equipo de TAU Restauración explicarannos dun xeito ameno o proceso seguido para restaurar dúas táboas sobre óleo do século XVI.
Acto seguido gozaremos con pezas musicais contemporáneas ás pinturas presentadas, interpretadas polo arpista Manuel Vilas.
Ven a celebralo con nós!