Languages

Inicio
Cultura Xunta
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

18/05/2018 - 19/05/2018

A temática asignada polo ICOM ó Día Internacional dos Museos é “Museos hiperconectados: novos enfoques, novos públicos”. Este fío temático permite facer unha reflexión sobre as posibilidades de conexión do Museo a través das novas tecnoloxías. As redes sociais permítenos ter o noso público informado e o día, mantendo a conexión co seu entorno. Pero tamén nos permite chegar máis aló. A tecnoloxía abre unha nova xanela para a difusión dos nosos fondos e actividades, traspasando todas as fronteiras físicas. Son tempos de innovación, en definitiva, tempos de novos enfoques hiperconectados.

A programación do MdPS pretende crear un espazo de encontro cultural cunha ampla temática capaz de chegar a todos os públicos. O visitante ten a oportunidade de participar de forma activa nos diversos obradoiros que se ofrecerán estes días, onde se traballará sobre o tradicional e o autóctono cunha visión innovadora. A música terá nesta ocasión un papel relevante e atraente para o novo público, nas salas do  MdPS poderase gozar tanto dos tradicionais acordes, elaborados con instrumentos de forma artesanal, aos novos e modernos ritmos de grupos locais.

Venres 18 de maio

Coas mans no barro. Obradoiro de iniciación ao torno cerámico con Nano Unzueta.
11:30 ás 13:30h / Entrada libre para todos os públicos.
O artesán Nano Unzueta poñerá a disposición das persoas interesadas, novas e adultas, o seu torno e os seus saberes para poder tomar contacto con estes elementos ancestrais que son a auga e a terra (o barro) para transformalos en obxectos. Este obradoiro formúlase en aberto e se poderá participar por orde de chegada.

O Paroleiro. Sesión de contacontos infantil con Os contos de Pablísimo.
11:00h / Público infantil / Duración: 45 min. Gratuíto, para grupos escolares con inscrición previa no tel. 881 913 055.
Pablísimo preséntanos o seu novo e completo espectáculo, unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e a tradición oral. Nesta amena produción empréganse recursos como: sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, ladaíñas, brinquedos, cancións e narración oral.

Sandwina. Concerto The Lákazans
20:00h/ Entrada libre para todos os públicos.
O grupo The Lákazans que neste comezo de ano 2018 está estreando o seu novo disco Sandwina, dedicado ao empoderamento da muller, e co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues aínda máis á música americana resolvendo con incrible facilidade en rockabillies, countries, soul e swings que non deixarán indiferente a ninguén.

Sábado 19 de maio

Facendo soar o Camiño. Obradoiro de construción de instrumentos musicais con Tomás Rábanos.
11:00 ás 14:00h / Entrada libre para todos os públicos.
Neste obradoiro comandado por Tomás Rábanos, e baseándose na inspiración que nos ofrece a temática do Museo, os participantes realizarán sinxelos instrumentos sonoros e musicais cos que evocaremos unha viaxe polo Camiño de Santiago.

Contos camiñantes. Sesión de narración oral con Cándido Pazó
19:00h. Entrada libre para todos os públicos / adultos.
Cándido Pazó defínese a si mesmo como “cómico e contador de historias” e iso é o que nos atoparemos nesta sesións de historias cargadas de emoción e humor, mesmo algunhas delas relacionadas co Camiño de Santiago e con aventuras ocorridas a peregrinos e viaxeiros que andan polo mundo adiante buscando o que aínda non atoparon.