Languages

Inicio
Cultura Xunta
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Os Museos como eixes culturais: O futuro da Tradición é o lema proposto polo ICOM para a celebración do DIM 2019.
Os museos funcionan como un axente mobilizador dentro do contexto social, actuando como entes vivos que artellan un papel fundamental dentro da comunidade. Neste senso amósanse como espazos abertos e interactivos, non só a través da conservación e exhibición, senón tamén fomentando a creatividade dos públicos.

DIM Compostela é unha convocatoria que na cidade de Santiago de Compostela celébrase coa aposta conxunta de oito institucións: Museo do Pobo Galego, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela , Museo Casa de la Troya, Fundación Eugenio Granell, Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega, Museo Catedral de Santiago e Museo Das Peregrinacións e de Santiago. Nesta colaboración interinstitucional, onde cada museo presenta unha programación especial, créase unha aposta común combinada cunha das tradicións máis antigas e destacadas de Compostela, o Mercado de Abastos. Nado no 1870 para unificar os postos espallados pola cidade e concentrándoos nun mesmo espazo, funciona actualmente con 177 negocios e numerosos postos exteriores.

Neste caso, aparte do día de portas abertas o 18 de maio, os museos da cidade realizarán un desconto especial ás persoas que realicen compras no Mercado de Abastos do 13 ao 19, creando unha relación entre o comercio tradicional e os espazos culturais de Compostela. Unha relación aberta que crea novas perspectivas no futuro da tradición.

A programación do MdPS pretende crear un espazo de encontro cultural cunha ampla temática capaz de chegar a todos os públicos. Ao longo de toda a semana ofreceránse actividades que conecten as dúas sedes (expositiva e administrativa) de xeito que o cidadán poida coñecer o funcionamento da nosa institución.
O visitante terá a oportunidade de participar de forma activa nos diversos obradoiros que se ofrecerán o día 18 de maio centrando o groso das actividades nesta xornada.

12 ao 16 de maio [12:00h]
Xornada de portas abertas á antiga sede do Museo (rúa San Miguel,4): "O traballo invisible". 
Poderáse percorrer o interior da Casa Gótica e coñecer as áreas internas do MdPS, o "Traballo Invisible" dos museos. 
Visitas conducidas polos técnicos do Museo do luns 13 ao xoves 16 ás 12h. Sen cita previa e por orde de chegada ata completar o grupo (20 persoas).

18 de maio 
Xornada de portas abertas [11:00h - 19:30h]
Sábado 18 de maio durante todo o día, (Praza das Praterías, 2).

Obradoiro de monicreques a cargo de Títeres Cachirulo [11:30h - 13:30h] 
Sábado 18 de maio. Público infantil. Gratuíto. (Unha sesión cada 30 minutos).
Neste obradoiro, nenos e nenas elaborarán un divertido monicreque inspirado nas lendas relacionadas co Camiño de Santiago e que poderán levar para seguir protagonizando unha chea de aventuras por moitos outros camiños.

Camiño de aventuras” Espectáculo de Monicreques por Títeres Cachirulo [18:00h - 18:50h]
Sábado 18 de Maio, duración: 50 min. Público infantil. Gratuíto
O titiriteiro Maese Pedro chega no seu carromato para representar as historias do Camiño de Santiago que foi recollendo no seu longo camiñar. Achegará os máis incribles personaxes: raíñas, emperadores, cabaleiros e malfeitores. Don Gaiferos, o príncipe Abul, a raíña Sabela e o Mestre Mateo xunto á Santa Compaña, Os Cabaleiros templarios e unha infinidade de personaxes vivirán as máis disparatadas aventuras.

A Viaxe de Yoyo” Concerto do grupo DOUS [19:00h]
Sábado 18 de Maio 19:00 h. Para todos os públicos. Gratuíto.
O dúo formado polos recoñecidos músicos galegos Pablo Carrera e Fernando Abreu, tráenos o seu terceiro traballo discográfico, A Viaxe de Yoyo, un fermoso proxecto cheo de matices que bebe do jazz e das músicas do mundo nunha evocadora aposta polas emocións e as paisaxes sonoras. 

** Aparte do día de portas abertas o 18 de maio, os museos da cidade realizarán un desconto especial ás persoas que realicen compras no Mercado de Abastos do 13 ao 19, creando unha relación entre o comercio tradicional e os espazos culturais de Compostela. Unha relación aberta que crea novas perspectivas no futuro da tradición.