Languages

Inicio
Cultura Xunta
Día Internacional dos Museos

18 / 05 / 2016

O día 18 de maio estamos de festa. Celebramos o Día Internacional dos Museos, un día de portas abertas a todo o mundo no que queremos ofrecerche algo especial pois imos encher o edificio de música, música e máis música!

Paisaxes Sonoras interpretadas por músicos en directo que inundarán as salas de exposicións para que o teu paso por elas sexa inesquecible; en función da hora na que vaias poderás atopar unha clarinetista ou un acordeonista que nos achegan músicas europeas, a un intérprete de sitar evocando sons das afastadas terras do oriente, ou unha zanfona onde a súa sonoridade tráenos aires medievais e da nosa tradición. Por se isto non fora dabondo, ás 19h, no auditorio do Museo, teremos ao grupo 2US, finalista nos Premios Galegos da Música Martín Códax 2016 que, coas súas creacións inspiradas nas músicas do mundo, poñeranlle un magnífico colofón a este gran día de festa.

Programa:

11-12:30h __ Olalla Liñares (Clarinete)

12:30-14h __ Martín Senande (Acordeón )

16-17:30h __ Jesús Díaz (Sitar)

17:30-19h __ Ariel Ninas (Zanfona)

19:00-20h __ Concerto de 2US