DON GAIFEROS POLOS CAMIÑOS CARA A COMPOSTELA
22/01/2021 - 12/03/2021
Os monicreques de Kukas
A exposición "Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela" reúne o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música, da compañía compostelá "Os monicreques de Kukas", dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Don Gaiferos de Mormaltán é o protagonista do romance popularizado por Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pés do apóstolo Santiago. A exposición conta coa instalación de marionetas de fíos e decorados da versión da obra "Don Gaiferos" estreada para o Xacobeo 93 e deseños orixinais das diferentes versións da obra e planas do cómic editado naquel ano.