Languages

Inicio
Cultura Xunta

IMAXES DE PEDRA

25/03/2021 - 30/05/2021

Rosa Elvira Caamaño

Rosa Elvira Caamaño Fernández (Bueu, 1954) proponnos unha viaxe polo Camiño de Santiago para que nos fixemos en detalles da monumental escultura románica. Ofrécenos unha escolma dalgunhas das pezas máis características de varios edificios da ruta do Apóstolo. A artista pasa polo seu prisma as diferentes lecturas históricas, teolóxicas e místicas destes elementos para favorecer así que o visitante vexa a influencia que tiveron nos movementos artísticos mais innovadores do século XX.

A súa particular sensibilidade artística queda plasmada igualmente nun Paraíso bíblico onde reina a beleza e a harmonía. Unha natureza bela que na que está presente Deus, uns hortus conclusus que non son senón verxeis puros e opostos a selvas e bosques caóticos e hostís. Compostela eríxese como a nova Xerusalén, a imaxe terrestre do Paraíso á que irían os que culminasen o Camiño.

Licenciada e doutora en Belas Artes pola Facultad de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e actualmente profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Rosa Elvira ten participado en numerosas exposicións nacionais e tamén internacionais, en países como Italia, Rusia e Polonia.