Languages

Inicio
Cultura Xunta
MUSEO EN FAMILIA

[13/10/2018 - 22/12/2018]
Durante os meses de outubro a decembro o MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar.
Os obradoiros infantís potenciarán a imaxinación e a creación dos máis pequenos, producindo manualmente e con materiais accesíbeis, obxectos vinculados ao Camiño (cunchas, broches de peregrinos, libros de viaxe, etc).
Con A Trastenda dos Contos e Caxoto Contacontos trasladaremos a nosa mente aos mundos recreados polo enxeño destes oradores co ciclo “Ultreia! Contos do Camiño” e cunha serie de relatos de medo que seica deixan durmir e outros cos que incluso poderemos bailar un valse.
Maiores e pequenos poderemos gozar das notas musicais improvisadas do jazz coas actuacións de Iago Mouriño Trío, Pablo Sanmamed Trío e Transversal Art Ensemble.

PROGRAMACIÓN
Sábado 13 de outubro [19:00h]

Concerto de Jazz: Iago Mouriño Trío
O repertorio está integrado na súa inmensa maioría por composicións orixinais, deixando espazo para un par de seleccionadas versións tan persoais como inesperadas. Así mesmo, aínda que a base da proposta é un concepto marcadamente jazzístico baseado na combinación tradicional de trío acústico (piano, contrabaixo e batería), tamén se toman elementos doutros estilos (música clásica, rock progresivo, bandas sonoras) para incorporalas ao vocabulario do trío.
Integrantes:
Iago Mouriño - piano
Pablo Pérez Sanmamed – contrabaixo
Bruno Couceiro – batería

Sábado 20 de outubro [11:00h]
Obradoiros infantís. Temática “O Camiño”: Colgantes.
Actividade: faremos uns colgantes típicos de todos os peregrinos: a famosa cuncha de vieira e poderemos darlle o noso toque particular.
Materiais: cunchas, cartolinas, folios; témperas, pinceis, rotuladores, cores, lapis; pegamento, cola, tesoiras, fío; papeis de cores, cinta adhesiva.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]

Sábado 20 de outubro [18:00h]
Contacontos.
A Trastenda dos Contos presenta: “Ultreia! Contos do Camiño”

Sábado 27 de outubro [11:30h]
Obradoiros infantís. Temática “O Camiño”: Broches.
Actividade: faremos uns broches para adornar as nosas camisas, chaquetas, bolsos, etc. E demostraremos unha vez máis a nosa capacidade artesá ao facer todo coas nosas propias mans.
Materiais: feltro, fíos, algodón; tesoiras, imperdibles, rotuladores; pegamento, punzóns.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]

Sábado 3 de novembro [11:30h]
Obradoiros infantís. Temática “O Camiño”: Marcos para fotos.
Actividade: levaremos a cabo un obradoiro no que faremos un marco de fotos no que despois de decoralo poderemos usalo para expoñer nel os nosos mellores retratos.
Materiais: cartolinas, cartóns, paus de polo; pegamento, cola, fío; rotuladores, cores, lapis, tesoiras.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]

Sábado 10 de novembro [18:00h]
Contacontos
Caxoto Contacontos presenta: “Contos de medo que deixan durmir”.

Sábado 17 de novembro [11:30h]
Obradoiros infantís. Temática “O Camiño”: Diario do Camiño.
Actividade: faremos un caderno de notas no que poderemos apuntar todas as cousas que queiramos e decorarémolo con motivos peregrinos: cunchas, cabazas, bastóns, etc. Tentaremos facelo da forma máis artesanal posible, polo que as follas irán cosidas como se facían antes os libros.
Materiais: cartolinas, cartón, folios; rotuladores, cores, lapis, pegamento; fío perforadores, punzóns, tesoiras.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]

Sábado 24 de novembro [19:00h]
Concerto de Jazz: Pablo Sanmamed Trío
Comeza a funcionar no 2015 e presenta un repertorio integrado por composicións propias. Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares sobre temas de composición propia ou versións, buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridade do trío estándar (piano, contrabaixo e batería) e observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de “world music”.
Integrantes:
Pablo Pérez Sanmamed – contrabaixo
Iago Mouriño - piano
Chus Pazos – batería

Sábado 1 de decembro [19:00h]
Concerto Lírico / Jazz: Transversal Art Ensemble
Transversal Art Ensemble xorde coa clara intención de esquecer fronteiras e de ver as múltiples ramificacións da música como unha gran raíz común a todo. A música clásica, a tradicional, o jazz, a composición e a improvisación únense de xeito orgánico, natural, sen barreiras estilísticas, para dar lugar a un repertorio que, respectando cada elemento característico, quere dar un paso adiante.
Integrantes:
Clara Panas – voz
Iago Mouriño - piano
Pablo Sanmamed - contrabaixo
Bruno Couceiro - batería

Sábado 15 de decembro [11:30h]
Obradoiros infantís. Temática “O Camiño”: Xogo do tres en raia.
Actividade: neste obradoiro fabricaremos un xogo que todo o mundo coñece e que é moi popular, no que as fichas serán as cunchas e as cabazas dos peregrinos.
Materiais: cartolinas, cartóns.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]

Sábado 15 de decembro [18:00h]
Contacontos
Caxoto Contacontos presenta: “Contos para escoitar mentres bailamos un vals”.

Sábado 22 de decembro [11:30h]
Obradoiros infantís. Temática “O Camiño”: Instrumentos con materiais de refugallo
Actividade: levaremos a cabo un obradoiro no que intentaremos reproducir algúns dos instrumentos que aparecen no Pórtico da Gloria, tales como arpas, cítaras...
Materiais: “briks”, pratos de plástico, xornais atrasados; témperas, pinceis, gomas elásticas,; pegamento, cola, tesoiras; papeis de cores, cinta adhesiva.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]

Sábado 22 de decembro [18:00h]
Contacontos.
A Trastenda dos Contos presenta: “Ultreia! Contos do Camiño de volta”.