Durante os meses de outubro a decembro o MDPS pon en marcha a terceira edición de Museo en Familia, un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e cativas e ao seu entorno familiar.
Este ano, debido a situación sanitaria derivada da pandemia orixinada pola COVID-19, teremos que axustarnos a unha serie de normas moi específicas. A celebración das actividades permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración destas.As actividades teñen un aforo limitado, polo que é preciso realizar unha reserva no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal. Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.
Programa:
Sábado 24 de outubro [19h00]
Concerto: Mauricio Caruso Trío
Sábado 31 de outubro [18h00]
Espectáculo poético musical: Aldaolado “Po e Xía”
Sábado 14 de novembro [18h00]
Espectáculo familiar: Ghazafellos “A máquina do tempo”
Sábado 21 de novembro [18h00]
Contacontos: Inacio Vilariño “Espantamedos”
Sábado 28 de novembro [18h00]
Contacontos: Pedro Brandariz “Contos peregrinos”
Sábado 12 de decembro [19h00]
Concerto: Valentín Caamaño Trío
Sábado 19 de decembro [19h00]
Concerto: Feminino Plural
Sábado 26 de decembro [18h00]
Espectáculo familiar: Isabel Risco e Fran Rei “Dous no Camiño”
Obradoiros infantís:
Arqueólog@s no Museo
Grupo I: 21 de novembro ás 12h00
Grupo II: 19 de decembro ás 12h00
Grupo III: 19 de decembro ás 17h00
Grupo IV: 26 de decembro ás 17h00
(Máximo 6 nen@s por grupo)
Normativa para a realización de actividades no MDPS 2020:
Reservas:
- Aforo limitado a 50 persoas. É estritamente necesario realizar reserva previa en reservas.mdperegrinacions@xunta.es
- As prazas asignaranse por estrito orde de chegada dos correos.
- Cada persoa pode reservar un máximo de catro entradas por correo.
- No momento da túa reserva debes proporcionar os datos de contacto como nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.
- Só poderán acceder ás actividades as persoas con confirmación de reserva por parte do Museo.
- O prazo para reservar entrada remata o venres previo a cada función ás 13h00.
A celebración da actividade permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración desta.
O uso da máscara é obrigatorio en todo momento así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico antes de entrar ao recinto.
Podes consultar o protocolo de entrada ao Museo en https://vimeo.com/437810235
Moitas grazas polo voso interese e comprensión!
Normativa:
- DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
- ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
[Última actualización venres 4 de decembro de 2020]