Languages

Inicio
Cultura Xunta
27/03/2015

No MDPS celebramos o Día Internacional do Teatro

Durante a inauguración da exposición de José Guitán celebramos o Día Internacional do Teatro coa compañía Tep Teatro en Punto.

O fotógrafo compostelán xunto co resto dos asistentes levaron unha sorpresa ao ver que as mesmísimas irmás Maruxa e Coralia, coñecidas popularmente como 'As Marías', presentáronse no museo para comprobar como quedara exposto o seu propio retrato, aquel que Guitián lles tomara ala polo ano 1961, disque para enviar ao Vogue francés.

As irmás Fandiño tamén eran coñecidas polo alcume de ‘As dúas en punto’, xa que a esa hora e con precisión milimétrica saían a pasear para escapar da soidade dunha dura existencia, malia ter que soportar a incomprensión e a burla dalgúns. Se chovía, o que sucedía con frecuencia, o paseo do mediodía desenvolvíase pola rúa do Vilar, onde tiña o estudio Guitián, senón facíano polas rúas das Orfas e A Caldeirería. Nesta ocasión, e de xeito excepcional, modificaron o seu habitual recorrido e achegáronse ao museo para 'inaugurar o seu retrato' e celebrar con todos nos o Día Internacional do Teatro.

fecha_interna: 
venres, March 27, 2015