
20/10/2016 - 22/10/2016
O festival de cine do WOMEX ofrece dúas estreas mundiais e outras seis peninsulares na súa primeira edición aberta ao público.
Cinco directores e produtores participarán nos encontros co público ao finalizar as proxeccións das longametraxes.
Nove longametraxes protagonizan o festival de cine documental musical que este ano será aberto ao público xeral e que se celebrará entre o 20 ao 22 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Das nove longametraxes, dúas son estreas absolutas, Jakarta, Jakarta!, de Vincente Moon, e The Listen Project, de Garry Bassin.
As proxeccións deste novo festival cinematográfico realizaranse no MDPS, en tres sesións diarias, coa primeira ás 18.00 horas e a última a partir das 21.45 horas, en versións orixinais subtituladas. As entradas serán a 3 euros.
Os directores e produtores que participarán nas sesións arredor das longametraxes son:
- Natalia Tsarkova, directora de The Kings of the World. (Xoves, 18.00)
- Bardan e Noam Pinchas. Directores de The Wonderful Kingdom of Papa Alaev. (Xoves, 19.00)
- Rama Thiaw, director de The Revolution won’t be televised. (Venres, 19.30)
- Allison McGourty. Produtora de The American Epic: Out of the many, the one. (Sábado, 19.30)
Como entidades patrocinadoras do WOMEX 16 figuran o Concello de Santiago a través de INCOLSA, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, xunto con Mahou.
PROXECCIÓNS:
Jakarta Jakarta!
Indonesia, 2016. Director: Vincet Moon. Produtor: Vincent Moon, Ruangrupa. Idioma: Indonesio con subtítulos. 70 minutos.
Kings of the world
GB/Alemania/Francia, 2015. Directora: Natalia Tsarkova. Idioma: francés con subtítulos. 52 minutos.
Lee Scratch Perry’s Vision of Paradise
Alemania, 2015. Director: Volker Shaner. Idioma: Inglés con subtítulos. 97 minutos.
Mali Blues
Alemania/Mali, 2016. Director: Lutz Gregor. Produtor: Christian Beetz. Idiomas: francés, tamasheq, Bambara, con subtítulos. 94 minutos.
My Buddha is punk
Alemania/Myanmar, 2015. Director e produtor: Andreas Hartmann. Idioma: birmano con subtítulos. 68 minutos.
The american epic: Out of the many, the one
EE.UU/GB, 2016. Director: Bernard MacMahon. Idiomas: Inglés con subtítulos. 87 minutos.
The listen project
EE.UU/ Xapón, 2010. Director: Garry Bassin. Idiomas: varios idiomas con subtítulos. 78 minutos.
The revolution won’t be televised
Senegal, 2015. Director: Rama Thiaw. Idiomas: francés, wolof con subtítulos. 110 minutos.
The wonderful kingdom of Papa Alaev
Israel/Francia, 2015. Directores: Tal Barda y Noam Pinchas. Idioma: Hebreo, ruso, Tajik con subtítulos. 74 minutos.
Máis info: http://www.womex-festival.com/
www.womex-festival.com (programación aberta ao público, en galego, español e inglés)
http://www.womex.com (en inglés)
https://www.dropbox.com/sh/tv9i1utbw2t1gly/AACURLQTsMSrVHnDUNe93nZ2a?dl=0 (vídeos, mp3, dossier, fotos...)