Languages

Inicio
Cultura Xunta

O Camiño Francés en 360º

Fotografías de Goyo González

22/11/2019 - 16/02/2020

Goyo González

“O Camiño Francés en 360º” fotografías de Goyo González enmárcase dentro da da liña expositiva de programación transversal do Museo. Esta modalidade fai posible a entrada de ofertas culurais de novos artistas ás salas expositivas, convertendo o Museo nun foro de portas abertas que potencie a creación cultural.  

A exposición consta de 36 fotografías panorámicas circulares seleccionadas entre o amplo repertorio que ten o autor sobre lugares destacados do Camiño de Santiago. Foron realizadas durante máis de 10 anos no que o hospitaleiro, Goyo González, realizou en repetidas ocasións o Camiño, principalmente en bicicleta. Nas instantáneas que se amosan na exposición plasmou o seu concepto tanto do Camiño como da propia peregrinación e os peregrinos. A súa visión transcende á dun mero observador que se achega ao fenómeno da peregrinación, neste caso do Camiño de Santiago, e capta coa súa cámara o que ao seu redor acontece. É unha aproximación “dende dentro” a través da mirada de alguén que coñece perfectamente como peregrino o Camiño e tamén os miles de peregrinos que atendeu durante anos na súa época de hospitaleiro.
As fotografías que imos poder desfrutar atenden a elementos intimistas pero utilizando unha visión fotográfica novidosa que permite achegarse ao Camiño de Santiago a través de panorámicas realizadas en 360 graos.