Languages

Inicio
Cultura Xunta
10/07/2018

PESCUDA NO TRABALLO INTERNO DO MDPS

Desde a súa creación en 1951, o Museo das Peregrinacións e de Santiago foi nutrindo os seus fondos en consonancia aos seus obxectivos e os materiais procedentes de intervencións arqueolóxicas supoñen unha achega cuantitativamente significativa. A súa condición de centro receptor fai que reciba materiais procedentes dalgúns xacementos con especial vinculación xacobea dentro da comunidade autónoma galega, así como das escavacións urbanas que se levan a cabo no termo municipal da devandita cidade. Deste xeito, actualmente conformouse unha colección de referencia tanto para o estudo histórico xacobeo, como para as investigacións acerca do nacemento e evolución da urbe compostelá.

A arqueoloxía e o Museo das Peregrinacións e de Santiago están ligados desde os seus inicios. Nas primeiras décadas de andaina don Manuel Chamoso Lamas, no seu papel de comisario da primeira zona de defensa do Patrimonio Artístico Nacional, e como arqueólogo director, dota á institución dos primeiros restos de natureza arqueolóxica procedentes de intervencións no núcleo urbano compostelán, na contorna da Catedral e de xacementos emblemáticos para a arqueoloxía galega como son Iria Flavia (Padrón, A Coruña), Bretoña (Lugo), Moraime (Muxía, A Coruña) ou Rebordáns (Tui, Pontevedra).

O ano 1982 supón un punto de inflexión, pois é cando se produce a transferencia de competencias en materia de arqueoloxía á Comunidade Autónoma. A partir deste momento a institución comezará a ser depositaria dos restos arqueolóxicos procedentes de intervencións na cidade de Santiago (a excepción da Catedral), así como do resto do termo municipal e doutros enclaves con clara vinculación xacobea.

A partir de entón os materiais arqueolóxicos non pararon de incrementar os fondos museísticos da institución converténdose en centro de referencia para o estudo e investigación tanto das orixes e evolución da cidade compostelá como da súa contorna.

O tratamento dos fondos arqueolóxicos no Museo das Peregrinacións e de Santiago é un proceso de traballo que implica moitas horas de dedicación e foi froito de moitos anos de entrega por parte do persoal do museo para establecer unha normativa de traballo.

Unha vez son depositados os restos nesta casa, procédese ao seu inventariado e catalogación, o que quere dicir, que todas e cada unha das pezas que ingresan son incluídas nunha base de datos denominada DOMUS (un sistema integrado de documentación e xestión museográfica que funciona a nivel estatal).

Para dar a coñecer estas pezas á sociedade e cumprir coas funcións de difusión asignadas a unha sede museística actualmente dispoñemos de varios medios. A parte da exposición directa nas salas do Museo, contamos coas plataformas CER.es (http://ceres.mcu.es ), Europeana (http://www.europeana.eu/portal/) e a páxina web da rede de museos de Galicia (https://museos.xunta.gal/es/peregrinacions). Onde se fai unha catalogación das pezas máis significativas. A investigación e a publicación destes fondos é outra das vías máis empregadas para a súa difusión, xa que a parte do traballo interno que se realiza no Museo, son numerosas as consultas de investigadores que se achegan ata a nosa sede para consultar o material arqueolóxico.

Para saber máis:

ARCE MÉNDEZ, A. (2006): Estudo sobre a potencialidade das coleccións arqueolóxicas do Museo das Peregrinacións de cara á súa inclusión no discurso expositivo. MEMORIA FINAL. Depósito documental del Museo de las Peregrinaciones y de Santiago.

CHAMOSO LAMAS, M. (1965): Museo de las Peregrinaciones: exposición inaugural: imaginería, orfebrería y otras artes, relacionadas con el culto a Santiago en Galicia. Galicia: Dirección General de Bellas Artes, Comisaría de la 1.ª Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional.

- (1976): «El Museo de las Peregrinaciones de Santiago de Compostela», Bellas Artes, n.º 54 (novdec), pp. 19-23.

DEL RÍO CANEDO, V. Y RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, X. (2018): «Los fondos arqueológicos del Museo de las Peregrinaciones y de Santiago: recorrido histórico y museográfico (1951 – 2016)», V Congreso Internacional de Historia de la Arqueología, IV Jornadas de Historiografía SEHA – MAN, pp. 729 – 748.

ENGROBA CABANA, S. (2008): «Crear y recrear un museo: El Museo de las Peregrinaciones y de Santiago», Museo, 13, pp. 344-353.

– (2009a): «El Museo de las Peregrinaciones y de Santiago: de Museo a Museo, Centro de

Documentación, Investigación e Interpretación», Boletín de Interpretación, 20, Asociación para la interpretación del patrimonio, pp. 27-29.

– (2009b): «O Museo das Peregrinacións e de Santiago: unha aposta futura pola interpretación do seu patrimonio», Museos e comunicación, Ribadavia, do 2 ao 4 de outubro de 2008, X Coloquio Galego de Museos, pp. 41-50.

PÉREZ OUTEIRIÑO, B. (2004): «O Museo das Peregrinacións. Un espazo museográfico relacionado coa orixe de compostela», Boletín Avriense, 34, pp. 51-78.

– (2005a): «Santiago, Apóstol y Ciudad, esencia del discurso del Museo de las Peregrinaciones, Santiago de Compostela», Trade routes and pilgrimage trails as a factor of integration. Edición de Jerzy Kmiecinski, Marek Oledzki y Karol E. Natkanski. Lódz: University of Lódz; Santiago de Compostela: Compostela Group of Universities, pp. 239-252.

– (2005b): «Santiago de Compostela. Museo das Peregrinacións», Arte e cultura de Galicia e norte de Portugal: museos. Volumen 4. Edición de Carlos de Pulgar Sabín. Vigo: Nova Galicia.

– (2011): «El Museo de las Peregrinaciones y de Santiago», Revista Peregrina, n.º 12, pp. 37-39.

– (2013): «Museo das Peregrinacións e de Santiago. Presente e futuro», CROA: boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, n.º 23, pp. 68-75.

– (2015): «O fenómeno da peregrinación na definición dos contidos do Museo das Peregrinacións e de Santiago», Camiño (a Orixe) = Camino (el origen). Catálogo de la exposición comisariada por Silvia García González y Juan Carlos Meana Martínez. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria; Fundación Cidade da Cultura, pp. 35-48.

– (2018): «El Museo de las Peregrinaciones y de Santiago y sus fondos arqueológicos», Boletín del Museo Arqueológico Nacional, n.º 35 (2017), Número extraordinario «150 años de museos arqueológicos en España». Coordinado por Andrés Carretero Pérez y Concha Papí Rodes.

PÉREZ OUTEIRIÑO, B. y PESQUERA VAQUERO, I. (2003): «El programa expositivo de un museo local de proyección internacional. El caso del Museo de las Peregrinaciones», Museo: Revista de la Asociación Profesional de Museólogos de España, 8, pp. 113-133.