Languages

Inicio
Cultura Xunta
Visitas dinamizadas na nova sede do MDPS

01/01/2017 - 31/12/2017

VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto

O MDPS ofrece esta actividade dirixida a todos os públicos, e que ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.

Estas visitas mesturan un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O público terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade. Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina serán o fío condutor para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.

Esta actividade está dirixida a grupos cun mínimo de 10 e un máximo de 25 persoas. (Se o grupo é máis numeroso dividirase para recorrer o Museo).

As visitas contadas non terán custo adicional. Aplicaranse as tarifas actuais de entrada.

Quen desexe participar deberá reservar previamente no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede de Praterías) no teléfono: 981 566 110 ou nas seguintes direccións electrónicas: difusion.mdperegrinacions@xunta.gal

teatroenpunto@gmail.com