A área de difusión e comunicación ocúpase de todo aquelo que teña como finalidade poñer en relación o museo coa sociedade. É, pois, a responsable de lle comunicar o contido das coleccións ao público, de facilitar a transmisión da mensaxe que destas coleccións se desprende, e tamén de divulgar os fins e valores da propia institución.
A súas tarefas principais son
- Organizar todos aqueles aspectos e actuacións relacionados coa atención ao visitante.
- Elaborar e coordinar a execución dos programas de exposicións temporais e dos programas de actividades educativas e culturais.
- Desenvolver os aspectos didácticos e os valores socioculturais das exposicións, tanto da permanente como das temporais.
- Elaborar e coordinar as publicacións de carácter didáctico e divulgativo.
- Realizar a difusión e promoción externa do museo, o que atinxe a tenda do museo e a elaboración dos produtos de promoción externa.
- Encargarse da coordinación dos programas de investigación e dos contactos con outras institucións en materia de difusión.
- Realizar estudos e análises de público así como investigacións sobre técnicas museográficas.
- En canto a comunicación correspóndelle: a relación cos medios de comunicación, a supervisión da imaxe institucional e todos os aspectos relacionados coa presenza do museo en Internet.