Dirección
Os cometidos que se asignan á Dirección son os seguintes:
- Desempeñar a dirección e xerencia do museo.
- Xestionar a prestación de servizos do museo organizando e coordinando as súas funcións de cara a impulsar os traballos de todos os departamentos do mesmo.
- Adoptar as medidas necesarias para a protección do patrimonio cultural custodiado no museo.
- Impulsar a difusión do museo.
- Presentar ao organismo superior o plan anual de actividades e a programación económica anual.
- Elaborar e presentar ante os organismos superiores a memoria anual de actividades.
- Servir de canle de cooperación, relación e coordinación coas institucións museísticas e outras institucións culturais que conveñan á natureza e aos cometidos do centro.
- Representar ao museo naqueles actos e actividades que conveñan ao museo.