Grabarka. O Monte das 6.000 cruces
Unha peregrinación ortodoxa en Polonia
21/07/2000 – 30/09/2000
Cristina García Rodero
Grabarka é o centro de peregrinación máis importante da Igrexa Ortodoxa Autocéfala Polaca.
Cara ó "outeiro do penitente" diríxense numerosos peregrinos portando cruces ofrecidas como petición ou agradecemento ó Cristo Salvador, seguindo unha tradición que pode remontarse ó século XIII.