Languages

Inicio
Cultura Xunta

A área de investigación ten como función básica o estudo científico dos fondos, tanto museográficos como documentais. A investigación ten que ser a columna vertebral da institución, sustentando e dotando de contido os labores de tódolos departamentos do museo. Non se pode protexer nin difundir aquilo que non se coñece, todas as actividades acometidas polo museo teñen que estar avaladas por unha investigación previa.

A súas tarefas principais son


  • Realizar a análise e estudo científico dos fondos museográficos e sobre aquelas materias con eles relacionadas.
  • Elaborar, propoñer e executar programas de investigación, tanto propios como en cooperación con institucións externas, sobre as coleccións do museo e a súa respectiva contorna cultural e territorial.
  • Realizar os informes sobre as propostas de adquisición de fondos
  • Elaborar publicacións de carácter científico e supervisar as publicacións de difusión e divulgación.
  • Supervisar os aspectos científicos da exposición permanente, das exposicións temporais e das actividades culturais.