Languages

Inicio
Cultura Xunta

O Museo das Peregrinacións e de Santiago atópase inmerso nun importante proceso de cambio, iniciado no ano 2003, e que ven afectando tanto á súa organización interna como á súa propia sede física.

Esta renovación afectou á definición da propia institución que, a partir de 2007, (RD 1293/2007, do 28 de setembro. BOE núm. 252, do 20 de outubro) pasou a denominarse “Museo das Peregrinacións e de Santiago”.

Entendida, tal como indica o Real Decreto, como unha “institución museística nacional, centro de documentación, investigación e interpretación de Santiago e das peregrinacións”.

Quedou tamén definido o seu contido temático que vai estar centrado en:

  • A peregrinación como fenómeno universal.

  • A peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións.

  • A cidade de Santiago de Compostela en canto meta da peregrinación.

Coa perspectiva de mellora e para solucionar a falta de espazo, púxose a disposición desta institución outro edificio que foi especificamente remodelado para acoller a área expositiva e todos aqueles servizos relacionados co público. O antigo Banco de España na Praza de Praterías, a partir de novembro de 2015, pasou a ser a nova sede do museo.

A Casa Gótica, na rúa de San Miguel, quedou destinada á Biblioteca e ao Centro de Documentación, Investigación e Interpretación, xunto a outros servizos internos do centro como son as áreas administrativa, técnica, de invetigación e dirección.