Languages

Inicio
Cultura Xunta
07/11/2015

O MDPS abriu ao público a súa nova sede de Praterías

Durante a primeira semana, na que se celebraron xornadas de portas abertas, achegáronse a coñecer a nova exposición permanente 2.987 persoas.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago inaugura a súa nova área expositiva na sede de Praterías, situada en pleno centro histórico de Santiago, xunto á Catedral compostelá, no edificio anteriormente ocupado polo Banco de España.

Rehabilitado para tal fin polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto co financiamento do Consorcio da Cidade de Santiago, presenta unha arquitectura actual adaptada ás necesidades dun museo do século XXI e permite poñer en valor as obras da súa colección, moitas inéditas, e mostralas ao visitante cun novo discurso expositivo.

Ao longo dos últimos anos desenvolveuse un Plan Museolóxico que culmina agora coa presentación dunha nova museografía. Deste modo, o museo amplía os seus espazos comprendendo a partir deste momento dúas sedes: a Casa Gótica, que se define como sede administrativa e de xestión, e a de Praterías como sede expositiva.

O MDPS inicia así unha nova etapa na súa traxectoria, na que impulsa o achegamento ás coleccións, empregando novos soportes expositivos e multimedia que explican ao visitante ó fenómeno da peregrinación universal e xacobea en particular, así como sobre o nacemento e a evolución da cidade de Santiago como meta de peregrinación.

fecha_interna: 
sábado, November 7, 2015