Languages

Inicio
Cultura Xunta
11/11/2015

O ministro de Cultura, Íñigo Méndez de Vigo, visitou a nova sede do MDPS

Méndez de Vigo percorreu as novas instalación da exposición permanente do museo acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entre outras autoridades.

O director do centro, Bieito Pérez Outeriño, explicou toda a traxectoria percorrida polo MDPS ata chegar a consecución desta nova sede, e fixo unha visita ilustrativa na que falou tanto das áreas temáticas do museo como do propio discurso museolóxico, así como das pezas mais salientables, facendo fincapé naquelas que ata o de agora non puideron ser expostas pola falta de espazo.

O ministro de Educación, Cultura y Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, afirmou ao remate da súa visita que este centro constitúe «A culminación dun soño» tres décadas despois de que o Camiño fose distinguido como primeiro itinerario cultural europeo.

fecha_interna: 
mércores, November 11, 2015