Languages

Inicio
Cultura Xunta

A biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago é unha biblioteca ao servizo do público en xeral, persoal do museo e investigadores.

Está especializada no fenómeno das peregrinacións, Camiño de Santiago, temática xacobea e cidade de Santiago de Compostela. Ademais, posúe fondos variados acerca de historia, arte, crenzas, relixións, museoloxía e arqueoloxía. Dispón dun fondo de monografías de máis de 11.000 volumes, e unha interesante colección duns 400 títulos de publicacións periódicas, catálogos de poxas, folletos e materiais especiais.

Está situada na nosa sede da rúa de San Miguel, na terceira planta do edificio e dispón de oito mesas con catro postos de lectura e un ordenador cada unha. O seu teléfono de contacto é 881867319.

CATÁLOGO


Desde esta páxina pódese acceder ao catálogo automatizado dos fondos bibliográficos. Para realizar as pescudas sobre as publicacións periódicas e os catálogos de poxas, deberán consultarse ademais as bases de datos do centro.

Acceso ao catálogo

Unha vez acceda ao catálogo, na opción todas as bibliotecas, seleccionar: Santiago de Compostela - Biblioteca do Museo das Peregrinacións