Languages

Inicio
Cultura Xunta

HORARIO


De luns a venres, de 9.00 a 14.30 h, excepto festivos.
Verán: De luns a venres, de 9.00 a 14.00 h, excepto festivos. 

CONDICIÓNS DE ACCESO


O acceso á biblioteca é libre e gratuíto. Poderán acceder á consulta en sala dos fondos bibliográficos os investigadores ou público en xeral interesados na súa temática, previa acreditación da súa identidade (presentación de DNI ou equivalente) e formalización dun breve impreso, no que se especificará a consulta ou investigación a realizar.

SERVIZOS


Consulta en sala: os fondos poderanse consultar na sala da biblioteca como máximo de catro en catro. Se se trata do fondo antigo, será de un en un. Están ubicados en estanterías pechadas, polo que hai que solicitalos ao persoal bibliotecario. Non hai préstamo a domicilio.
Reprodución de documentos: os usuarios poderán obter reproducións dos fondos mediante fotocopia, dixitalización, ou fotografía con cámaras propias, sempre dentro dos límites da adecuada conservación e dos que marque a lexislación de propiedade intelectual, e previa petición ao persoal da biblioteca.
Información bibliográfica: a biblioteca responde as consultas dos usuarios tanto de forma presencial, como por correo postal ou electrónico (biblioteca.mdperegrinacions@xunta.gal). Proporciona información sobre cuestións relativas ao seu propio funcionamento, consultas bibliográficas, ou sobre outros recursos (outras bibliotecas, centros de documentación, arquivos...) aos que dirixirse nas súas pescudas de información.
Préstamo interbibliotecario: a través deste servizo, pódense proporcionar ao usuario publicacións doutros centros que a biblioteca non posúe. Tamén esta pode prestar os seus fondos a outras bibliotecas. Exclúense os libros antigos ou os que teñen problemas de conservación.
Acceso a Internet: pódese acceder a Internet desde todos os ordenadores da sala. Estes só se utilizarán para a consulta e busca de información de páxinas relacionadas coa temática de especialización da biblioteca, xa que este servizo concíbese como un recurso de apoio á investigación ou consulta a realizar.