Languages

Inicio
Cultura Xunta

 

Os usuarios dos centros museísticos, incluso aqueles máis fieis, coñecen a faciana pública do museo: as salas de exposicións, o auditorio, a biblioteca, a tenda..., e desfrutan daquelas actividades relacionadas con estes espazos, pero isto é unha pequena parte da organización do centro e das tarefas do seu persoal. Os museos en xeral contan con diferentes departamentos que aínda que traballan para o público, fan un labor descoñecido polos visitantes. Sabemos que o traballo interno realizado nos museos é unha gran incógnita por iso queremos que se poida entender mellor o “traballo invisible” do MDPS.